Wednesday 08 de May de 2024

Música e malabares para dar a benvida á programación cultural do verán para público familiar


As propostas culturais para este verán dirixidas a público familiar darán comezo nesta mesma semana na Pobra do Caramiñal.

Guagua Teatro estreará o cartel no 12 de xullo con Cantabaila. Imos de festa co obxectivo de pasar un tempo divertido en familia a través de animación con base musical e teatral.

A seguir, no día 14, Fran Boza achegará o seu espectáculo de gran calidade técnica baseado nos malabares e no circo clásico chamado Malabarabilidades.

Ámbalas citas serán ás 20.30 horas, no Cantón da Leña. A programación consta dun total de catorce actividades de balde que se repartirán ao longo dos meses de xullo e agosto organizadas pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.